domingo, 14 de junio de 2009

ESTATUTOS DE EURORIAS

“EURORIAS 2002-2005”

ESTATUTOS
CAPÍTULO PRIMEIRO

Artigo1. Constitúese na cidade de Mugardos unha entidade sen ánimo de lucro, que se chamará EURORIAS 2002-2005 que se rexirá pola vixente Ley de Asociacións e polos presentes Estatutos.

Esta asociación acóllese ós artigos 20,22,23,34 da Constitución Española e demais Lexislación vixente.

A entidade terá responsabilidade xurídica propia e independente de cada un dos seus asociados e gozará de plena capacidade para ser suxeto de dereitos e obrigas, poidendo adquirir, ter e dispor de toda clase de bens e de dereitos.

Artigo 2. Fins da entidade de desenvolvemento social, económico, progreso e traballo.

Declárase, por principio, aconfesional e non partidista; plural, sempre no marco da defensa das liberdades e os postulados democráticos, así como o desenvolvemento sostido e progresivo da zona na que actúa, da mesma forma que, entendido polas partes, arbitrar calquer diverxencia empresarial, socioeconómica que se poideran producir nas empresas e/ou entidades que soliciten os servicios de EURORIAS 2002-2005.

Nace como punto de encontro de ciudadáns e ciudadás para o analise e discursión da nosa realidade empresarial, e socioeconómica, promovendo e apoiando calquer tipo de iniciativa que traia progreso e postos de traballo ó concello de Mugardos.

E por iso que:

· Admite como socios a tódalas persoas físicas e xurídicas que contribúan ó desenvolvemento económico da zona.
· Admite como socios a tódalas persoas físicas e xurídicas que deseen ofertar postos de traballo, de forma legal e transparente.
· Admite como socios a tódalas persoas físicas e xurídicas que aporten alternativas de progreso e que isto xenere riqueza para a zona.
· Os principios ideolóxicos-políticos, quedan supeditados ó pensamento interno de cada individuo ó cal non se lle permitirá expone-lo de forma pública, entendendo este feito como unha acción apolóxica a ideais políticos, os cales non son compatibles co espíritu de EURORIAS 2002-2005.
· Os seus principios ideolóxicos baséanse no progreso e desenvolvemento de Mugardos , en particular, e da Península do Segaño en xeral.
· A participación en FOROS de desenvolvemento social, económico e empresarial. Comprometéndose a participar ,das formas ca Ley permite, en posibles, iniciativas empresariais que sexan beneficiosas para Mugardos, en particular, e para A Península do Segaño, en xeral.
· A xestión directa e/ou indirecta promocionando Mugardos en foros empresariais có obxeto de atraer empresas ás zonas habilitadas para a súa ubicación, dentro dos límites do concello de Mugardos.

· EURORIAS 2002-2005, poderá solicitar cursos de formación co obxetivo de fomenta-la capacitación de persoas, así como a súa preparación ó obxeto de que esta poida acceder a un mercado de traballo mais amplo.

Artigo 3. . O domicilio provisional de EURORIAS 2002-2005 radicará na ciudade de Mugardos, na av. Do Seixo, 176.-3º código postal: 15406. Poderán ser creadas delegacións noutros concellos mediante acordo da xunta directiva, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó Organismo encargado do Rexistro.

Artigo 4. EURORRIAS 2002-2005 poderá promove-la súa actividade en todo o ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en colaboración con outras entidades ou con outra denominación e de forma específica no ámbito comarcal DA COMARCA DE FERROLTERRA Terá duración indefinida e só disolverase por acordo da súa Asamblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación democrática.

Artigo 5. A xunta directiva será o órgano competente para interpreta-los preceptos contidos nestos Estatutos e cubri-las súas lagoas, sempre someténdose á normativa legal vixente en materia de asociacións.
Os presentes estatutos serán desenvoltos e cumpridos mediante os acordos que válidamente adopten á xunta directiva e a asamblea xeral, dentro da súa respectiva competencia.

CAPITULO SEGUNDO.

DOS ÓRGANOS DIRECTIVOS E A FORMA DE ADMINISTRACIÓN.

Artigo 6. A dirección e administración da asociación serán exercidas polo presidente, a xunta directiva e a asamblea xeral.

Artigo 7. O Presidente da asociación asume a representación legal da mesma, preside as sesións da xunta directiva e da asamblea xeral, sendo responsable da execución dos acordos adoptados e de coordina-la súa realización polos responsables de área.
Este cargo é incompatible con cargos de representación política nas diversas Institucións do Estado, sendo sustituído polo Vicepresidente ata a seguinte Asamblea Xeral.

Artigo 8. A xunta directiva, estará composta polos membros designados en Asamblea Xeral e estos poderán crear mesas de traballo, así como contratar servicios de terceiros
para temas específicos. Esta estará composta por: Presidente, Vicepresidente, Secretario, Tesoreiro e os responsables das áreas de

Artigo 9. En función da xunta directiva programar e dirixir as actividades sociais, acorda-la convocatoria de asambleas e leva-la xestión administrativa e económica da asociación, someter a aprobación da Asamblea Xeral e o cálculo anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior, aceptar doazóns, legados, etc .

Artigo 10. A desaparición de EURORRIAS 2002-2005, estará sometida á Asamblea Xeral e nos termos legais vixentes.

Artigo 11. Para cos acordos da xunta directiva sexan válidos deberán ser adoptados, como mínimo, por un tercio dos asistentes. A Xunta Directiva terá atribucións para nomear a expertos e profesionais que fixeran falla, para unha información especifica.

Artigo 12. O presidente da xunta directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 7, as seguintes atribucións:

a) Convocar e levanta-las sesións que se celebren da xunta directiva e da asamblea xeral, dirixir as deliberacións dunha e outra.
b) Propone-lo plan de actividades da asociación á xunta directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
c) Ordea-los pagos acordados válidamente.

O presidente será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que, ademais, o sustituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
No caso de dimisión será inmediatamente sustituido polo Vicepresidente.
Simultáneamente, convocarase nun prazo non superior a tres meses, a asamblea extraordinaria para a elección de Presidente ou Xunta Directiva.

Artigo 13. O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, custodia o selo e a correspondencia, terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade, quedando a posibilidade de que sexa un servicio contratado.
Incumbirá de maneira concreta ó secretario velar polo cumprimento das disposicións legais vixentes en materia de asociacións, custodiando a documentación oficial da entidade e facendo que se cursen ó Organismo encargado das comunicacións sobre designación da xunta directiva, celebracións de asambleas xerais, trocos de domicilio, formalización do estado de contas e aprobación dos presupostos anuais de ingresos e gastos, así como das contas correspondentes ó ano anterior, có visto bó do Presidente.

Artigo 14. O tesoreiro recaudará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, dirixirá a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos sociais, participará en tódalas operacións de orde económico.

O tesoreiro formalizará o presuposto anual dos ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior que deben ser presentados á xunta directiva para que ésta, á súa vez, os someta á aprobación da asamblea xeral.
Os pagamentos e autorización de pagos serán formados polo Tesoreiro e o Presidente, e na ausencia deste último polo Vicepresidente.

Artigo 15. Cada un dos compoñentes da xunta directiva terá os deberes propios do seu cargo, así como os que nazcan das delegacións ou comisións ca propia xunta lles encomende.
Os membros da xunta directiva son responsables individuais da execución dos cometidos e acordos que lles correspondan sen menoscabo da solidariedade da propia directiva.

Artigo 16. A asamblea xeral, composta por tódolos socios, é o órgano supremo da asociación e reunirase sempre co lo acorde a xunta directiva, por propia iniciativa ou porque o soliciten, expresando os motivos concretos.
Cando menos, a Asamblea Xeral deberá ser convocada en sesión ordinaria unha vez ó ano. Obrigatoriamente, unha delas dentro do mes de xaneiro, para aproba-lo plan xeral de actuación da asociación, valoración da xestión da xunta directiva, aprobar, no seu caso, os presupostos anuais de ingresos e gastos, así como o estado de contas correspondente ó ano anterior.

Artigo 18. A asamblea xeral reunirase na sesión extraordinaria cando o esixan as disposicións vixentes ou así o acorde a xunta directiva, en atención ós asuntos que deban tratarse, e, en todo caso para coñece-las seguintes materias: disposición ou enaxenación de bens, nomeamento ou censura da xunta, renuncia do Presidente ou colectiva da mietade mais un dos membros da directiva, solicitude da declaración de utilidade pública, constitución ou integración de federacións ou confederacións; modificación de estatutos e disolución da asociación. A orde do día nas asambleas extraordinarias é inalterable.

Artigo 19. As convocatorias das asambleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, faranse por escrito, expresando o lugar, data e hora da reunión, así como a orde do día, e facilitando a documentación necesaria para os asuntos que deban ser sometidos a información ou deliberación.
Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da asamblea xeral ordinaria en primeira convocatoria terán que pasar polo menos quince días. A asamblea xeral extraordinaria farase a lo menos cun prazo non inferior a sete días dende a convocatoria. A segunda convocatoria das asambleas ordinaria e extraordinaria farase cun prazo non inferior a sesenta minutos da hora establecida para a reunión.

Artigo 20. As asambleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, serán válidas cando na súa constitución en primeira convocatoria concurran a elas , presentes, un tercio dos asociados, e, en segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asociados concurrentes. Tras finaliza-lo normal desenvolvemento da Asamblea Xeral, o Presidente a levantará, dando por rematada a mesma.

Na elección ou censura da xunta directiva, a votación será sempre pública, adoptándose as medidas que sexan necesarias.
Para a presentación de moción de censura requírese o aval do vinte por ciento dos asociados, incorporando ó texto da mesma a inclusión dunha proposta de directiva alternativa.

Artigo 21. Os acordos das asambleas xerais adoptaranse por maioría de votos. Non obstante, será necesario o voto favorable da metade mais un dos asistentes, para acordos en asamblea xeral extraordinaria sobre disposición ou enaxenación de bens, solicitude de declaración de utilidade pública, modificación de estatutos e disolución da asociación.

CAPÍTULO TERCEIRO.

DAS ASOCIADAS E DOS ASOCIADOS, DOS SEUS DEREITOS E DEBERES.

Artigo 22. Poderán ser membros da asociación as persoas maiores de idade que dalguna maneira teñan interese en servir ós fins da mesma e sexan admitidas pola xunta directiva, que poderá outorgar o nomeamento de membro honorario ás persoas que se estime oportuno, a título meramente honorífico, sen que isto leve consigo a condición xurídica de socio.

Artigo 23. Quen desexe pertencer á asociación o solicitará por escrito ó presidente/a. A xunta directiva resolverá sobre a admisión da mesma, nun prazo non superior ó mes dende a súa presentación.
Unha vez resolta, os socios deberán ser informados por escrito das novas altas. Poderá presentar recurso calquer socio, previo aval firmado polo vinte por cento dos asociados, nun prazo máximo de quince días dende a data de comunicación. De non ser recurridas, as altas consideraranse definitivas A asamblea xeral, que se celebre inmediatamente posterior á admisión resolverá os recursos presentados polos socios. As altas no n recurridas, e polo tanto aceptadas, comunicaranse á asamblea xeral e non serán motivo de debate. Mentres non se cumpran estos requisitos os novos socios non terán dereito a voto.
Artigo 24. Os socios poderán solicita-la súa baixa na asociación voluntariamente, mais esto non lles eximirá de satisface-las obrigas que teñan pendentes para con ela. As baixas presentaranse por escrito.
A non participación na vida da asociación, reiterada e inxustificada, considerarase baixa voluntaria co procedemento que prevee este artigo. A xunta directiva poderá separar da asociación a aquelles socios que cometan actos cos fagan indignos de seguir pertencendo á mesma. A separación será precedida de expedientes nos que deberá ser oído o interesado, e contra o acordo da xunta directivapodra presentar recurso ante a primeira asamblea xeneral que se celebre. Previa comunicación escrita, nun prazo máximo de ata setenta e duas horas antes da mesma, de que vai exercer este dereito o secretario da asociación, o cal encargarase de comunica-lo ó inicio da asamblea e será incluido na orde do día.

Artigo 25. Os socios terán os seguintes dereitos:

a) Participar nas actividades asociativas que promovan a asociación entre empresas e nos actos sociais que organice para tódolos socios.
b) Exercita-lo dereito de voz e voto nas asambleas xerais.
c) Ser nomeado membro da xunta directiva na forma que preveñan os estatutos.
d) Poseer un exemplar destos estatutos e ter coñecemento dos acordos adoptados polos órganos directivos.
e) Que lles poñan de manifesto o estado de contas dos ingresos e dos gastos da asociación tódolos anos.
f) Información sobre os delegados, bens e patrimonios materiais, culturais ou intelectuais recibidos pola asociación.
g) A xestión de búsqueda de emprego entre as entidades asociadas.

Artigo 26. Serán obrigas de tódolos socios:

a) Acata-los presentes estatutos e os acordos válidamente adoptados pola asamblea xeral e pola xunta directiva.
b) Abona-las cuotas de entrada e as periódicas que acorde a Asamblea Xeral.
c) Desempeñar fielmente as obrigas inherentes ó cargo que desempeñen na asociación.

Artigo 27. Os socios poderán ser sancionados pola xunta directiva por infrinxir reiteradamente os presentes estatutos ou os acordos da asamblea xeral ou da xunta directiva. As sancións poden abrancar dende a suspensión dos seus dereitos durante un mes ata a separación definitiva da asociación, nos termos que prevee o artigo 24.

CAPÍTULO CUARTO.

DO PATRIMONIO E DO RÉXIME ECONÓMICO.

Artigo 28. EURORIAS 2002-2005, ó constituirse non ten ningún tipo de patrimonio.

Artigo 29. Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento das actividades sociais serán os seguintes:

a) As cuotas de entrada que sinale a Asamblea Xeral.
b) As cuotas periódicas que acorde a mesma.
c) Os productos dos bens e dereitos que lles correspondan, así como as subvencións, legados, doazóns que poidan recibir de forma legal.
d) Os ingresos que obtenña a asociación mediante as actividades lícitas que acorde realiza-la xunta directiva, sempre dacordo cós fins estatutarios.

Artigo 30. A administración dos fondos da asociación levarase a cabo sometida á correspondente intervención e coa publicidade suficiente, có fin de cos socios poidan ter coñecemento periódicamente do destino dos fondos, sen perxuicio do dereito consignado a este respecto no apartado e) do artigo 25 destos estatutos. Os efectos da entidade, enténdese como período económico o comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de dicembro.

Artigo 31. No caso de disolverse a asociación, a asamblea xeral que acorde a disolución nomeará unha comisión liquidadora, composta por cinco membros escollidos preferentemente da última xunta directiva, a cal farase cargo dos fondos que existan, para que, unha vez satisfeitas as obrigas, o remanente, si o houbese, sexa entregado a unha entidade legalmente constituida con domicilio no ámbito comarcal de FERROLTERRA.